Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xaneiro, 2019

Entroido 2019

Imaxe
O tema escollido este curso para o Entroido foi " A Historia". Haberá prehistóricos, Idade Media, vikingos, xente do futuro...Os de 3º imos de anos 60, é dicir, hippies. Nas clases de plástica faremos o colgante da Paz e unha cinta para a cabeza. O resto do disfraz prepararase na casa, a gusto das familias. Damos algunhas ideas, por se vos son útiles. Pódese pintar un pantalón vaquero con ceras Manley. Lava perfectamente. . .Pódese pintar unha camiseta coa técnica mostrada neste vídeo ou outras que coñezades. (Non é difícil, pero os nenos non o poden facer sos.Precisan a axuda dun adulto.Na aula levaría moito tempo. ) Pódense buscar camisas, camisetas, cazadoras feitas que recorden esa época. Completamos o disfraz con perrucas, gafas...