Entroido 2019
O tema escollido este curso para o Entroido foi " A Historia". Haberá prehistóricos, Idade Media, vikingos, xente do futuro...Os de 3º imos de anos 60, é dicir, hippies.
Nas clases de plástica faremos o colgante da Paz e unha cinta para a cabeza. O resto do disfraz prepararase na casa, a gusto das familias.
Damos algunhas ideas, por se vos son útiles.
Pódese pintar un pantalón vaquero con ceras Manley. Lava perfectamente.
.
.Pódese pintar unha camiseta coa técnica mostrada neste vídeo ou outras que coñezades.
(Non é difícil, pero os nenos non o poden facer sos.Precisan a axuda dun adulto.Na aula levaría moito tempo. )
Pódense buscar camisas, camisetas, cazadoras feitas que recorden esa época.
Completamos o disfraz con perrucas, gafas...

Comentarios
Publicar un comentario