ACTIVIDADES RECOMENDADAS PARA O PERÍODO DE SUSPENSIÓN DE CLASES (Preme en "Ler máis")
Estimadas familias :
Durante os seguintes días subiremos a este blog propostas de actividades, webs ou vídeos para que o alumnado poida aproveitar este tempo lectivo no que non pode asistir ao colexio.
Lembrade que os textos que nos enviedes por correo, correxirémolos e podemos subilos ao blog para que os compañeiros os poidan ler, se queredes.
É unha forma de continuar en contacto.
Xa que non nos podemos ver...
podémonos ler.😏
Aquí vos deixamos a primeira proposta de redacción.
Para evitar o síndrome do folio en branco, desbloquear a mente e deixar que flúan as ideas, partimos dunha idea inicial . Neste caso será :
“Se pasó una hora buscando el calcetín rojo”.
A partir de aquí, anota 5 motivos que expliquen esa frase e 5 posibles personaxes para protagonizala.
Non te preocupes porque as túas respostas sexan disparatadas o sen sentido. Escríbeas sen preocuparte. Déixate levar.
A partir de aquí, anota 5 motivos que expliquen esa frase e 5 posibles personaxes para protagonizala.
Non te preocupes porque as túas respostas sexan disparatadas o sen sentido. Escríbeas sen preocuparte. Déixate levar.
Cando remates, elixe o personaxe e o motivo que máis che gusten e a partir de aí redacta a túa historia, seguindo os pasos traballados na aula.
Estamos desexando lela !
⏬Neste link tedes a plantilla da actividade.Podedes abrilo para lelo e despois traballar nun documento word ou libreta.
https://www.literautas.com/es/ejercicios/plantillas/Ficha-0001-calcetin-rojo.pdf
Con relación á área de matemáticas, para ir empezando, deixámosvos o enlace dunha web na que poden repasar os contidos dados e ao memo tempo autocorrexirse.⏬Neste link tedes a plantilla da actividade.Podedes abrilo para lelo e despois traballar nun documento word ou libreta.
https://www.literautas.com/es/ejercicios/plantillas/Ficha-0001-calcetin-rojo.pdf
WEB MATEMÁTICA IXL
Seguimos en contacto!
Comentarios
Publicar un comentario