Estimadas familias : Durante os seguintes días subiremos a este blog propostas de actividades, webs ou vídeos para que o alumnado poida aproveitar este tempo lectivo no que non pode asistir ao colexio. Lembrade que os textos que nos enviedes por correo, correxirémolos e podemos subilos ao blog para que os compañeiros os poidan ler, se queredes. É unha forma de continuar en contacto. Xa que non nos podemos ver... podémonos ler.😏 Aquí vos deixamos a primeira proposta de redacción. Para evitar o síndrome do folio en branco, desbloquear a mente e deixar que flúan as ideas, partimos dunha idea inicial . Neste caso será : “Se pasó una hora buscando el calcetín rojo” . A partir de aquí, anota 5 motivos que expliquen esa frase e 5 posibles personaxes para protagonizala . Non te preocupes porque as túas respostas sexan disparatadas o sen sentido. Escríbeas sen preocuparte. Déixate levar. Cando remates, elixe o personaxe e o motivo que mái...
Comentarios
Publicar un comentario