A DINAMO DUNHA BICICLETA Pincha en "LER MÁIS" para ver todos os vídeos UN XERADOR ELÉCTRICO TIPOS DE ENERXÍA COMO FUNCIONA UN AEROXERADOR? COMO FUNCIONA UNHA CENTRAL TÉRMICA DE BIOMASA? COMO FUNCIONA UNHA CENTRAL HIDROELÉCTRICA ? RESUMO DE TIPOS DE FONTES DE ENERXÍA (VER SO OS 3 PRIMEIROS MINUTOS)
O tema escollido este curso para o Entroido foi " A Historia". Haberá prehistóricos, Idade Media, vikingos, xente do futuro...Os de 3º imos de anos 60, é dicir, hippies. Nas clases de plástica faremos o colgante da Paz e unha cinta para a cabeza. O resto do disfraz prepararase na casa, a gusto das familias. Damos algunhas ideas, por se vos son útiles. Pódese pintar un pantalón vaquero con ceras Manley. Lava perfectamente. . .Pódese pintar unha camiseta coa técnica mostrada neste vídeo ou outras que coñezades. (Non é difícil, pero os nenos non o poden facer sos.Precisan a axuda dun adulto.Na aula levaría moito tempo. ) Pódense buscar camisas, camisetas, cazadoras feitas que recorden esa época. Completamos o disfraz con perrucas, gafas...
Comentarios
Publicar un comentario